Deamos o primeiro paso. Entidades galegas pola reducción dos residuos!

January 23, 2007

Campaña de aforro de papel nos buzóns. Listas Robinson

Filed under: Accións - Administrator @ 5:48 pm

A publicidade invade a nosa vida: publicidade no buzón, publicidade no correo electrónico, por teléfono, na televisión, etc. Coa chegada do nadal, o mes do consumo por excelencia, esta multiplícase. Folletos para os agasallos dos nen@s, revistas coas comidas típicas de nadal… enchen os nosos buzóns e sobre todo despilfarran grandes cantidades de papel que ninguén solicitou. Tamén o resto do ano, co gallo do Día de… vóltanse a incrementar os episodios de bombardeo publicitario. Dende ADEGA propoñémoste varias opcións: que te adhiras ás listas Robinson e/ou baixes da nosa web unha pegatina pra colar no teu buzón.

Máis información desta acción no web de ADEGA

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Alex King