Deamos o primeiro paso. Entidades galegas pola reducción dos residuos!

March 22, 2007

Iniciativa a favor dos cueiros reutilizáveis em Catalunya

Filed under: Uncategorized - Administrator @ 4:26 pm

Sant Cugat del Vallès implanta pañales reutilizables en las escuelas infantiles municipales

Los pañales de un solo uso son una fracción de los residuos municipales a la que se presta singularmente poca atención. Representan entre el 3 y el 4% de los residuos municipales y por el momento no tienen otro destino que los tratamientos finalistas, puesto que no admiten reciclaje alguno.

De hecho, en los municipios con altos niveles de recogida selectiva (por ejemplo, aquéllos donde se hace recogida selectiva puerta a puerta), los pañales constituyen la fracción con mayor presencia dentro del rechazo y, por tanto, constituyen una de las principales dificultades para alcanzar mayores cotas de recuperación. Con el respaldo de la Agència de Residus de Catalunya, el municipio de Sant Cugat del Vallès (Barcelona) ha iniciado la implantación de un proyecto piloto que tiene como objetivo esta fracción. El 5 de marzo de 2007 empezó la implantación en una escuela infantil municipal (30 niños), y se extenderá las próximas semanas a una segunda (19 niños). En los próximos meses la experiencia se trasladará al resto de escuelas infantiles municipales.

El pañal escogido tiene 2 partes, de fuera hacia dentro: una braga y una tela de algodón absorbente. También se utiliza una capa muy fina de celulosa entre la piel y el pañal, que una vez sucia se desecha. Se espera que la vida media esperada de los pañales de ropa pueda ser de unos cuatro cursos. En la escuela se realizan de media dos cambios de pañales por niño y día. Pero el nivel de implicación no se limita a la escuela. Con la colaboración de los padres, los alumnos llegan a la escuela con un pañal de ropa que les fue entregado limpio el día anterior y que los padres ponen en casa. Igualmente, los niños salen de la escuela con un pañal de ropa puesto, que los padres retornan sucio al día siguiente, dentro de una bolsa. La logística del sistema, a cargo del Ayuntamiento, cuenta con un servicio de recogida de los pañales 3 días por semana, por parte de una lavandería especializada que se encarga de su lavado centralizado y posterior distribución de nuevo a las escuelas. Las dos partes del pañal se limpian por separado y a distintas temperaturas, ambas muy altas, para garantizar su higiene. Luego son devueltos a la escuela ya plegados y preparados con la celulosa. El modo de entrega de los pañales limpios y de almacenaje de los sucios es en bolsas de plástico, aunque próximamente se usarán bolsas de ropa para su entrega, de tamaño apropiado según la escuela.

Se estima que cada bebé utiliza entre 4.500 y 6.000 pañales de un solo uso durante su infancia, de los cuales unos 1.500 se espera que se reduzcan en esta experiencia por cada participante. Con la configuración actual del sistema, esto se consigue utilizando 16 pañales reutilizables por niño, con las ventajas evidentes en términos de prevención de residuos. Teniendo en cuenta que cada pañal ahorrado pesa unos 180 gramos de residuos de la fracción rechazo, la aplicación de la experiencia supone una reducción de unos 270 kg por niño.

Fuente: Ignasi Puig Ventosa, ENT Environment and Management. E-mail: ipuig@ent-consulting.com

Imma Casajoana Viladelprat, Ajuntament de Sant Cugat del Vallès. E-mail: immacasajoana@santcugat.cat

January 23, 2007

Campaña de aforro de papel nos buzóns. Listas Robinson

Filed under: Accións - Administrator @ 5:48 pm

A publicidade invade a nosa vida: publicidade no buzón, publicidade no correo electrónico, por teléfono, na televisión, etc. Coa chegada do nadal, o mes do consumo por excelencia, esta multiplícase. Folletos para os agasallos dos nen@s, revistas coas comidas típicas de nadal… enchen os nosos buzóns e sobre todo despilfarran grandes cantidades de papel que ninguén solicitou. Tamén o resto do ano, co gallo do Día de… vóltanse a incrementar os episodios de bombardeo publicitario. Dende ADEGA propoñémoste varias opcións: que te adhiras ás listas Robinson e/ou baixes da nosa web unha pegatina pra colar no teu buzón.

Máis información desta acción no web de ADEGA

January 9, 2007

Os compromisos das entidades (umha proposta)

Filed under: Uncategorized - Administrator @ 4:20 pm

Um ponto a estabelecer entre as entidades que promovemos a campanha, e de cara à entrada de novas entidades, é aclarar bem quais som os compromissos que um coletivo assina para passar a promover a campanha, e ser considerado umha Entidade Galega pola Redución dos Residuos.

A seguir fornece-se umha proposta de compromissos (que em parte coincidem com os da campanha estatal, mas outros som diferentes).

 

Compromisso (mínimo e OBRIGATÓRIO) coa reduçom dos resíduos:
A entidade XXX compromete-se a integrar dentro da súa dinámica de funcionamento o princípio da reduçom dos resíduos, de jeito que aplicará medidas que permitan reduzir a sua geraçom de resíduos, tanto na actividade diária desse coletivo (comunicaçom interna, compra de subministros) como nas suas acçons públicas (actividades educativas/divulgativas, cursos e jornadas, festas…).
Aliás, a entidade assina a "Declaraçom de Molins" pola reduçom dos resíduos (ver outro post) e apoia todas as reivindicaçons incluídas nela.

Compromisso (mínimo) de transformaçom social:
A entidade XXX é consciente de que o modelo social capitalista nom só implica o esbaldamento de recursos e a alteraçom do ambiente, senóm que também fomenta dinámicas de competência e agressividade nas relaçons humanas, tanto a nível individual coma coletivo. Neste sentido o diálogo, a colaboraçom e a empatia com os outros coletivos serám as bases do trabalho da entidade XXX na campanha "Deamos o primeiro passo, entidades galegas pola redución dos residuos"

Compromisso (VOLUNTÁRIO) de difussom expansiva:
Aliás, a entidade XXX adquire o compromisso de difundir no seu ámbito de acçom (persoas coas que contata, coletivos cos que mantém comunicaçom, plataformas/federaçons onde estea integrada….) a reduçom dos resíduos e fomentará a posta em marcha de medidas de reduçom nesses outros coletivos/persoas.

Compromisso (VOLUNTÁRIO) de acçom pública:
Finalmente, a entidade XXX compromete-se a exercer pressom sobre os outros sectores implicados na reduçom dos resíduos (fabricantes, comerciantes, governantes e a populaçom em geral) mediante a posta em marcha diferente tipo de accións (apresentaçom de moçons em concelhos, pressom na CMA ante a elaboraçom dum novo "Plan de xestión de resíduos urbanos de Galiza", contatos com distribuidoras para fomentar a presença de produtos a granel ou em envases reutilizáveis no comércio, acçons reivindicativas na rua….).

January 3, 2007

Entidades pola Redución en Compostela

Filed under: Uncategorized - Administrator @ 5:12 pm

r de redución

Logo de varios encontros previos, durante os meses de novembro e decembro, o vindeiro 10 de xaneiro de 2007, ás 20:00, terá lugar no Centro Social "O Pichel" unha nova xuntanza das entidades actualmente implicadas na campaña pola redución en Compostela (ADEGA-Compostela, A Gentalha do Pichel, FEG, Oureol, SGEA e Verdegaia-Compostela).

Entre os temas a tratar nesa xuntanza está a definición dos compromisos que unha entidade adquire ao entrar a promover a campaña e por outra banda a elaboración duns manuais de redución con medidas concretas que unha entidade poida poñer en marcha para reducir a sua xeración de lixo.

Animamos a toda entidade interesada na redución dos resíduos a participar nesta xuntanza!

December 15, 2006

Reunión informativa en Ourense. 8 de Xaneiro

Filed under: Convocatorias - amigosdaterra @ 1:59 pm

Amigos da Terra e Verdegaia súmase á iniciativa "Deamos o primeiro paso. Entidades galegas pola redución do lixo" convocando en Ourense o día 8 de Xaneiro unha xuntanza informativa para todos aqueles colectivos e entidades da provincia interesados nesta campaña que pretende traballar dun xeito conxunto pola prevención e minimización da xeración de residuos.Para aqueles que queiran saber un pouco máis, poden visitar o blog da campaña, que se atopa no seu inicio pero irá engadindo pouco a pouco as novas respecto a esta iniciativa.Para máis información contacta con nós!

Imaxe: HuMuSz(Hulladék Munkaszövetség: www.humusz.hu)

November 20, 2006

Manual para reutilizar: Manual para o fogar

Filed under: Recursos educativos - amigosdaterra @ 9:32 am

Se non queres participar na cultura do "usar e tirar", se cres que os residuos teñen unha segunda oportunidade, se cres que reciclar e reutilizar é importante para reducir os múltiples impactos que os residuos causan no entorno…¿Queres saber que facer cos trastos vellos, a roupa que xa non usas…etc?Aquí tes o Manual para reutilizar: Manual para o fogar (especialmente recomendado para habitantes de Ourense ou arredores). Editado por Amigos da Terra

November 15, 2006

Ciberacción pola redución do lixo en Europa. Actúa!

Filed under: Accións - Administrator @ 9:32 am

 

Os Membros do Parlamento Europeo están a punto de votar a revisión da Directiva Marco de Residuos que é a base das políticas de xestión de residuos de cada Estado membro Europeo, polo que Amigos da Terra xunto cos grupos ecoloxistas europeos estamos solicitando aos parlamentarios que traten de mellorar a prevención, reutilización, reciclaxe e compostaxe en Europa, sen promover máis incineración.

 

Únete á campaña que promoven Amigos da Terra para parar a produción desmesurada de lixo. Escrebe aos Parlamentarios do noso país simplemente premendo aquí.


 Por unha xestión responsable…¡Basta de Residuos!

 Amigos da Terra Galiza

April 4, 2006

POR UNHA NORMATIVA EUROPEA QUE PRIORICE A PREVENCIÓN DE RESIDUOS, A DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E A SAÚDE DAS PERSOAS

Filed under: Uncategorized - Administrator @ 6:24 pm

O pasado 30 de marzo comezou a campaña “Por unha normativa europea que priorice a prevención de residuos, a defensa do medio ambiente e a saúde das persoas” promovida inicialmente no noso país por ADEGA e a Federación Ecoloxista Galega-FEG.

Esta campaña xunto con outros colectivos ambientalistas do estado, nace como un apoio ás políticas de prevención da xeración de lixo da UE, políticas que no proceso actual de revisión que está a realizar a UE poden ser modificadas, levando a un retroceso nos obxectivos de prevención e reciclaxe de resíduos e unha potenciación da incineración e o verquido do lixo en Europa.

Un retroceso na política ambiental europea podería ter uns efectos nefastos sobre o ambiente galego, pois lembremos que Galiza, cun 10% de reciclaxe-compostaxe do seu lixo, aínda está lonxe da media europea (un 30%) e a política ambiental das nosas autoridades sempre foi a remolque das medidas que desde Europa se establecían.

A campaña constará de diversas accións (recolla de asinaturas, actos na rúa, celebración dun día europeo da reducción dos residuos, …) e incluso a plataforma estatal ten xa prevista unha entrevista coa Ministra de Medio Ambiente española. Estas accións van orientadas a alcanzar os obxectivos de reivindicar “Unha normativa europea e galega que priorice a prevención de residuos, a defensa do medio ambiente e a saúde das persoas” e unha Lei Galega de prevención de residuos.

Finalmente, queremos animar a todo tipo de entidades e asociacións de Galiza a converxer nos obxectivos, mensaxes e accións na campaña, tanto no ámbito máis amplo (Galiza, Países Cataláns, Estado español e Europa), coma no ámbito galego “Deamos o Primeiro paso. Entidades galegas para a redución de residuos”, facendo propia e adaptando a campaña catalana homóloga de PCRR-EdC que xa comezou.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Alex King