Campaña de aforro de papel nos buzóns. Listas Robinson
A publicidade invade a nosa vida: publicidade no buzón, publicidade no correo electrónico, por teléfono, na televisión, etc. Coa chegada do nadal, o mes do consumo por excelencia, esta multiplícase. Folletos para os agasallos dos nen@s, revistas coas comidas típicas de nadal… enchen os nosos buzóns e sobre todo despilfarran grandes cantidades de papel que ninguén solicitou. Tamén o resto do ano, co gallo do Día de… vóltanse a incrementar os episodios de bombardeo publicitario. Dende ADEGA propoñémoste varias opcións: que te adhiras ás listas Robinson e/ou baixes da nosa web unha pegatina pra colar no teu buzón.

